top of page

Acto Homenaxe ao Pai Damián Yáñez Neira e Presentación de ACIGAL

Hoxe é un día moi especial, pois inauguramos a nosa nova web e con ela este blog onde contaremos os pasos que vaiamos dando na nosa asociación.

Para dar comezo a esta aventura decidimos que o mellor momento era conmemorando o primeiro aniversario do falecemento do Pai Damián de Oseira, monxe historiador e investigador ao que tanto lle deben os principais historiadores da nosa comunidade.

Con motivo do cabodano do Pai Damián preparamos unha xornada moi especial no Mosteiro de Montederramo (Ourense) o vindeiro 27 de mayo ás 10:30 hrs, que comezará cunhas charlas nas que contamos cuns ponentes de excepción, membros do noso Comité Científico:

D. José Carlos Valle, Director do Museo de Pontevedra

D. Ermelindo Portela, Catedrádito de Historia Medieval en la USC

Dna. Marta Cendón, Profesora de Historia del Arte de la USC.

D. José Albuquerque, Presidente de la Associação Portuguesa de Cister.

Todos eles, que compartiron vivencias co monxe, falarannos da súa figura e a súa obra.

Despois soará unha peza musical no seu recordo para dar paso á presentación da nosa asociación, os nosos obxectivos, os nosos membros e o Comité Científico que nos avala.

Estaremos acompañados por o Vicepresidente da Carta Europea das Abadías Cistercenses, D. Jean- Louis de Lagausie, que representa á magnífica Abadía francesa de Fontfroide e pola súa esposa Dña. Irene Bien que representa á Abadía belga de Herkenrode.

A celebración rematará coa degustación dun Viño Galego para os nosos convidados.

A este evento asistirase previa invitación.

Pola tardiña, celebraremos o segundo dos nosos "Encontros coa comunidade local" que comenzou o pasado novembro no antigo mosteiro de Meira, onde contaremos os veciños e o público xeral que queiran acercarse o mosteiro quen somos, os nosos proxectos e a importancia da participación social na ACIGAL.

O día culminará cunha visita guiada polo mosteiro de Montederramo.

¡Vémonos en Montederramo!


Mosteiro de Montederramo. Claustro procesional.

Featured Posts
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Recent Posts
bottom of page